REGUEIFA


REGUEIFA
(Popular)


A regueifa está na mesa
e no medio ten un hóvo.
Para cantar a regueifa
veñen os de Portonovo.


-Dígame, miña señora,
xa que ten tanto saber:
¿Cantos pelos ten un can
cando acaba de nacer?

-¡Cándo acaba de nacer!
Logo cho digo, amiguiño,
que todo está cheo d'eles
dend'o rabo hastr'o fuciño.

...

-¿De que serviu conocerte,
de que serviu namorarte,
si o fin e o cabo chegou
o momento de deixarte?

-Olvidácheme, olvideite,
mentinch'a figa nos ollos
que cando ti me olvidaches
xa ch'eu tiña amores novos.

...

-Cantade, mozas, cantade
e deixar reir as bellas,
qu'o tempo da mocidade
tamen o pasaron elas.

-Non che podo, non che podo,
non che podo que estou rouca
que che dormin no moiño
esta noite e mail-a outra.


-Non canto por cantar ben
nin pol-a gracia que teña,
canto por dar alegría
ao corazón que ten pena.

-Ainda ch'hei de botar unha
ainda ch'hei de botar outra
ainda ch'hei de botar unha
que ch'ha de queimal-a roupa.


-Axudadem'a cantar,
dádeme unha axudiña,
que non me pode axudar
esta miña gargantiña.

-Esta vai por despedida,
hoxe aquí non canto outra.
Os mociños que me oyen
d´hoxe un ano m'oyan outra.

Comentarios