AGARIMOS DA TERRA
(Letra
Agarimos da Terra. Música M. Carballo Pastoriza)
Agarimos da Terra,
da terra de Mondariz.
Doce parroquias que cantan
ó son da auga que nace aquí. (Bis)
Cumpre agora cen anos,
nun lugar de Mondariz.
Naceu un coro galego,
que foi cantando por todo o país. (Bis)
Mociñas de Troncoso,
cantan e volven cantar.
Din que será da auga,
din que da auga, da auga será. (Bis)
Este coro que canta,
lendas e historias de aquí.
Tamén lle canta á xente
que vive lonxe de Mondariz. (Bis)
AGARIMOS DA TERRA,...

Comentarios
Publicar un comentario