1
A COMPAÑA
Ni silencio misterioso
d'unha noite de luar,
un sonido moi queixoso
xunt'a min sentin pasar.
A muller do negro pano
co-a súa sombra me tocou.
Desd'aquel momento estraño
de pesar morrendo vou.
2
ALALÁ
Unha noite fun ó moiño
sin ter millo que moer,
enredeime co'as rapazas
por non saber que facer.
3
ALALÁ DO CEBREIRO (LUGO)
Cando naciches as fadas
bicáronte nas meixelas
e fas, ríndote, as cobiñas
donde te bicaron elas.
4
CANTEIROS E CARPINTEIROS
Canteiros e carpinteiros
d'a vila de Pontevedra,
correi pobos e cibdades,
mirai canto o mundo encerra.
C'un par de camisas novas,
y-o saco d'a ferramenta,
botai pol-o mundo adiante
buscando madeira e pedra.
E c'o cincel escribide
nos pazos e nas igrexias:
"Dios non fixo n'este mundo
terra com'a nosa terra".
5
ALALÁ
A raya d'o sol, meniña,
na túa cama vai dar.
¿Qué moito é qu'eu te busque
cando o sol te vai buscar?

Comentarios
Publicar un comentario