GRORIA A PEINADOR


GRORIA A PEINADOR
(Himno dedicado por D. Juan González Páramos á D. Enrique Peinador Vela 
ó descobriren a estatua erexida á memoria d'este tan ilustre gallego)

I

En alto, a frente erguida,
mirando pr'oucidente,
cal Sol esprendicente
o bo patricio está;
mostrando a súa imáxen
nos ollos alegría,
surrisa nos seus beizos,
no rostro maxestá.

Gloria a ti, gran patricio,
de cidadáns modelo,
que'o nobre chan galego
sempre soupeche honrar!
O pobo agradecido
que por ti foi fundado,
da túa y-alma prendado
vent' hoxe a saudar.


II
Aló, no alto Ceoonde 
c'os anxes mora,
o pobo qu'o adora
mirando fixo está;
e, óisell'entre dentes
dicir moi paseniño:
¡Si poidera un pouquiño
tan siquera ir pr'alá!

¡Grori'á ti, gran patricio
orgulo dós galegos,
que baixo os nosos céos
de cote vas estar!
O pobo agradecido
que por ti foi fundado,
da túa y-alma prendado
sempre t'ha de chorar.



Comentarios