OS CESTEIROS


OS CESTEIROS  
(Fuxan Os Ventos)

Somo pobres cesteiros,
cestos de compoñer,
Probiños de nosoutros
que vamos a morrer.

Fame que temos,
vaia por Dios!
Non sei se é fame
ou se será tos,
Entre pola boca
sale polos pés,
todo este mundo
anda do revés.

Cando vamos á feira
cos cestos a vender
chamamos as mulleres
que nolos veñan ver.

E son bos cestos
se son, son, son,
que coma os meus
non hai ningún bon.
Míremos ben,
pois coma os meus
xa non os fai ninguén.

Cando vamos pra vila
pola caie Raial,
quedan as señoritas
sentadas nun portal.
Elas moi empolvadas
saen ao mirador
e falan polos dedos
palabriñas de amor.

Eses son cestos.
Eses son, son,
en todos eles,
non hai un bon.
Víste-los cestos
vístelos ben,
pois coma eles
non os fai ninguén.


Comentarios