1º
O
cantar do arrieiro
é un
cantar moi baixiño,
cando
canta en Ribadavia
resona
no Carballiño
2º
Ahí tes
o meu corazón
si o
quere matar ben podes,
pero
como estás ti dentro
tamén
se ti o matas morres.
3º
Mozas
haina, mozas hainas,
mozas
hainas na ribeira;
hainas
de media polaina,
hainas
de polaina enteira.
4º
Teño
unha noiva nos Portos
y-outra
no Ribeiro d'Avia,
si a
dos Portos é bonita
a do
Ribeiro lle gaña.
5º
Miña
nai, como é tan probe,
cando
non ten que me dar
éncheme
a cara de bicos
e
despois rompe a chorar.

Comentarios
Publicar un comentario