A RAMALLOSA
(Popular)
POR IR Ó BAILE DA RAMALLOSA
POR IR Ó BAILE, NENA, PERDÍN A MOZA.
PERDÍN A MOZA, QUEDEI SEN ELA.
POR IR Ó BAILE, MORENA, DE REDONDELA.
Axudaime, axudaime,
axudaime na letriña.
Que eu non me poido axudare
con esta miña gargantiña.
Axudaime, axudaime,
axudaime na letriña.
Hai que afilala, hai que afilala.
A navalla de Pepe non corta nada.
Non corta nada, corta bastante.
Ten coidadiño, nena, co estudiante.
Moito me doe a cabeza,
moito me doe o pescozo
de mirar para o portal,
por se vén o meu mozo.
Moito me doe a cabeza,
moito me doe o pescozo.
Aí vos vai a despedida,
aí vos vai a derradeira.
Aí vos vai o chiculate
dentro da chiculateira.
Aí vos vai a despedida,
aí vos vai a derradeira.

Comentarios
Publicar un comentario