A GAITA NON CANTA, QUE CHORA


A GAITA NON CANTA, QUE CHORA
(Balada que se canta na romaría da Virxen d'o Monte, en Carnota)

Miña gaitiña querida,
 miña queridiña gaita,
 ti endulzas o meu corpo,
 ti das vida á miña y-alma.

 Gaitiña galega
que tocando estás,
 tanto m'entristeces
que chorar me fas.
 Toca máis alegre
que faga beillar
á Nuestra Señora
que'está no altar.

 Miña Virxen milagrosa,
 miña Virxen sacrosanta,
 tendes a cas no monte
onde o paxariño canta.

 Alegres rapazas
vind'á troulear,
 que'a gaita non chora
que contenta está.

 Xa chegou o día d'a Virxen,
 y-o redor da santa ermida
cen almas choran e rezan
dando voltas de rodillas.

 Xa empezan os cregos
a misa á cantar
y-o fogueteiro
o fogo a botar.
 Sale a procesión
por aquel lugar,
 todos a mirala
paran de beillar.

 Uns berran: ¡Café caliente!
 Outros: -¡Quen compra sandías!
 -¡La suerte del pajarito!
 -¡A perra gorda las vistas!

 Gaitiña melosa,
 para de tocar;
 a festa termina,
 vámonos marchar.
 O sol se recolle,
 a noite ven xa,
 soliña qued'a Virxen
no seu hermoso altar.

Comentarios