Meniñas
de Sant'Ourente
tan
afeitas á beillar,
mala
centella me coma
si n-as
hades de pagar.
Moit'adrezo
no pescozo
tendes,
nenas de Sarnón;
moita
cabaza na orella,
pero
namorados non.
-¡Ei!
mociños, ¿quén se move?
-¡Ei!
rapazas, cepos quedos.
Si os
de Bergantiños veñen
chántolles
na cara os dedos.
-Fai
dous anos que apañei
unha
ameixa na cachola.
Heime
de vingar est'ano
hastra
que me quede tola.
Armouse
con estes contos
unha
tan forte malleira,
que nin
quedou corpo san
nin un
pau na carballeira.
-Un
corte levo na cara,
un ollo
fora tamén,
un
brazo medio esfolado
e un
bulto na racadén.
Vouche
co rabo antr'as pernas
ben
empleado m'istá.
¡Leve o
demo as romarías!
Non
penso volver acá.

Comentarios
Publicar un comentario