ROSALÍA


ROSALÍA
(Popular / Arranxo Manuel Carballo Pastoriza)



Rosalía en piñeiros (a condenada),
cortoulle ó rabo ó burro (fixo unha saia).
Fixo unha saia, nena (fixo unha saia).
Rosalía en piñeiros (a condenada).

As d'alá d'arriba cando van co gando,
espichan a vara e bailan o tango,
e bailan o tango e mai-la muiñeira.
As d'alá d'arriba non hai quen as queira.

Anda nena componte (vamos al baile).
que si non vas conmigo (non vas con nadie).
Non vas con nadie, nena (non vas con nadie).
Anda nena componte (vamos al baile).

Foi no baile de Cela (onde bailamos)
e ata cerrar a porta (non nos soltamos).
Non nos soltamos, nena (non nos soltamos).
Foi no baile de Cela (onde bailamos).

Aí vai a despedida (a derradeira),
se non quedas conmigo (quedas solteira).
Quedas solteira, nena (quedas solteira).
Aí vai a despedida (a derradeira).

Comentarios