ROMANCE
(Popular)
Era
unha noite de lúa,
era
unha noite crara,
eu
pasaba pol-o río,
da
volta da muiñada!
Dempois
de sentir un sopro
que me
deixou sen alento,
eu ben
vin estar o moucho
enriba
d'aquel penedo.
Aquel
moucho alí fincado,
cal si
fose o mesmo demo,
fito á
fito me miraba
c-os
seus ollos rapiñeiros.
Mais
acordeime da Virxe
que
sempre conmigo levo,
e
dend'alí, berro entonces
con
cantas forzas eu teño:
Non che
teño medo, moucho;
moucho
non che teño medo.

Comentarios
Publicar un comentario