HOMES
-Sal á
ventana, Marica,
si te
queres asomar;
esa
cariña de rosa
quero
volver á mirar.
MULLERES
-Márchate
d'ahí , Antón,
non me
veñas a tentar,
que si
m'asomo á ventana
ha de
ser pra t'insultar.
HOMES
-Heche'axustar
unhas contas,
contas
heiche d'axustar;
vente
pr'acá, queridiña,
que'os
dous temos que falar.
MULLERES
-Con
permiso dos meus pais,
d'a
miña señora tía,
estimara
de saber,
Antón,
ti para que viñas.
HOMES
-Á que
veño ben o sabes,
eu che
direi a verdá;
veño
por pasar o tempo
que é
cousa de mocedá.
MULLERES
-Queridiño,
ben falache;
queridiño,
ben dixeche;
si non
sabes o camiño
volve
por onde viñeche.
HOMES
-O
camiño ben o sei,
ben o
vexo dend'eiquí,
soilo
quería levar
unha
rosa qu'hay eiquí.
MULLERES
-Esta
rosa que ti ves
asomadiña
á ventana,
non
t'ha de querer á ti,
porque
non lle da a gana.
HOMES
-A min non m'interesa nada,
mulleres
m'han de sobrar;
os
amores que me negas,
outras
m'os quixeran dar.
MULLERES
-Márchate
que xa non quero
contigo
parrafear,
que si
che canto outras copras
non
m'as sabes contestar.
HOMES
Cala,
cala, Mariquiña,
e non
me fagas falar,
si
cantas unhas copriñas
logo te
fago calar.
MULLERES
-Cara
de cocho queimado
cand'o
están a chamuscar,
¿quen
che dixo, nube negra,
que tia
min me fas calar?
HOMES
-Fágoche
calar, Marica,
logo
che fago calar,
si che
recordo unhas cousas...
¡Ben te
podes acordar!
MULLERES
-Márchate
que xa non quero
contigo
parrafear,
que non
quero mais contigo
miña
saliva gastar.
HOMES
-Cala,
Mariquiña, cala,
cala,
cala, Mariquiña.
¿acórdat'aquela
noite
n'aquela
corredoiriña?
MULLERES
-Adiós,
cara de conexo,
que xa
me vou retirar,
que non
quero mais contigo,
miña
saliva gastar.
HOMES
-Adiós,
Marica do Campo,
xa que
te vas retirar,
pro
tamén te xuro, nene,
que de
ti m'hei de vingar.

Comentarios
Publicar un comentario