REGUEIFA DE SAN
SALVADOR DE PEDREIRO
(Letra
Popular, Canción de Voda. Harmonización Crema de Gaita)
Nosa Virxe da Barca*
ten un camarín de
pedra,
inda o podía ter d'ouro
miña Virxe se quixera.(BIS)
Ai la lalalá la
la la.
O cura cando
marchou
deixoulle dito a
criada:
veña tarde, veña cedo
déitate na miña cama.(BIS)
Ai la lalalá la
la la.
O meu amor non me
fala
que o ten nunha
baixeza,
como é rapaciño novo
ten o airo na cabeza.(BIS)
Ai la lalalá la
la la.
Tenho pulghas na
camisa,
na saia teño
piollos,
como teño tanto ben-he
ao mundo vánselle os ollos.(BIS)
Ai la lalalá la
la la.
Imos da-la
despedida
de Meirol a
Gargamala,
imos da-la despedida,
con Agarimos da Terra.(BIS)
Ai la lalalá la
la la.
*(Franqueira)

Comentarios
Publicar un comentario