QUEIXA DUN ALMA DOÍDA
Alá na flor dos meus anos,
fun unha sacrificado,
sofrín penas, sofrín dores,
¡Ay, o qu'eu teño pasado!
Teño
sofrido,
teño chorado,
teño
xemido
e suspirado.
Os meus olliños secaron,
de tanto por ti chorar,
¡Miña Virxen do consolo,
alivia
o meu penar!
Teño
pedido,
teño
excramado,
teño
vivido
desesperado.
¿Qué fas, morte, que non chegas,
á levarme a descansar?
Non me fagas mais sofrir,,
Non me fagas mais chorar.
Teño
sofrido,
teño chorado,
teño xemido
e
suspirado.

Comentarios
Publicar un comentario