- Que feira, rapaza,
se cantas faremos.
Festiña por fóra,
festiña por dentro.
Canta, si queres,
na lengua que eu falo.
Dareiche un mantelo,
dareiche un refaixo.
Neniña gaiteira, neniña gaiteira.
Así mo pediron
na veira do río,
que corre entre as herbas
do campo frorido.
Tocaban as gaitas
ó son dos pandeiros.
Bailaban os mozos
coas mozas modestas.
Has
de cantar,
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.
Canta, meniña,
na beira da fonte;
canta, daréiche
boliños do pote.
Has de cantar,
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.
Papiñas con leite
tamén che darei;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.
Canta, meniña,
na beira da fonte;
canta, daréiche
boliños do pote.
Has de cantar,
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.
Papiñas con leite
tamén che darei;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.
- Lugar máis fermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera
Lugar máis fermoso
no mundo n'hachara
que aquel de Galicia,
Galicia encantada.

Comentarios
Publicar un comentario