O SOL DA PRIMAVEIRA
(Alborada. Letra: M. Lago González, Arzobispo
de Santiago /
Música: J. Torres Creo)
Romp'o día feiticeiro
y-o ventiño brincadeiro
funga xá no piñeiral.
Os cantores reiseñores
cantan ledos pol-o val.
As fontiñas e regueiros
murmuxando mainos van,
non hay néboa nos outeiros
nin nas corgas, nin no chan.
Xá o orballo centilea
nas folliñas da herba mol:
¡Hou! rapaces d'esta aldea,
vinde a ver nacer o sol.
¡Hou! rapaces, vinde logo
que xa nace como fogo,
que xa brila y-alumea
con moi viva craridá.
¡Hou! rapaces d'esta aldea,
vinde-o ver que naceu xá.
Cantemos, cantemos todos
cantigas da nosa terra:
o sol da verde Galicia
moita fartura alumea.
Xa da o sol na frondente ladeira
Onde están os pomares em frol.
¡Ai! Sol da feliz primaveira,
¡qué prácido sol!
O sol da nosa aldea,
bendito sea,
que cobre os ceos d'azul color,
y-enche corgas e vales e montes
e regueiros e regos e fontes
de ventura, de vida y-amor.

Comentarios
Publicar un comentario