NON TE QUERO POR BONITA


NON TE QUERO POR BONITA
(CANTIGA POPULAR. Transcrita pra o coro Agarimos da Terra por D. José Ibarra)

Non te quero por bonita,
que xa sei que non a és;
quérote por moreniña
e pol-a ley que me tes.

N'aquela corredoiriña
e n'aquel anoitecer,
o que'entr'ambos nos xuramos
tí o sabes y-eu tamén.

Miña vida está en teus ollos,
miña morte está tamén.
Dam'a vida, dam'a morte;
para min todo ven ben.





Comentarios