NA FRANQUEIRA


A FRANQUEIRA
(Letra Popular, Música Benxamín Fernández Pazos )



La, la, la...

Mariquiña vamos á Franqueira
a facer un nuno na xesteira,
a facer un nudo imos xuntiños
e pro ano imos casadiños.

Moito canta, moito canta
esta miña gargantiña,(2)
inda cantaría mellore
se lle dan unha gotiña.(2)

Mariquiña...

Eu quería me casare,
miña nai dime que é cedo. (2)
Ela, como está casada,
non ten as ganas que eu teño. (2)

Mariquiña...

Miña Virxe da Franqueira
que estás en alta montaña (2)
aconsella meu amore
que volva miña compaña. (2)

Mariquiña...

Vámonos para a nosa terra,
 miña cariña de rosa,
que pra mozas feiticeiras
non hai como a terra nosa.

Mariquiña...

Correi, correi, correi,
lixeiriños andai,
que terra como a nosa
no mundo non a hai.
Neste mundo non a hai.
Neste mundo non a hai.








Comentarios