MUIÑEIRA RAPACIÑA XEITOSA


MUIÑEIRA RAPACIÑA XEITOSA
(Letra de M.Lugrís Freire / Música de Ángel Abad)


Rapaciña xeitosa e garrida 
meigo poder nos ollos che vin,
desde entón non respiro nin durmo,
 nin sei que diaños será de min.

Móe! Móe! O rudicio
voltas e voltas tenche que dare; 
inda que de min fuxas
n-unha das voltas tes de parare;
que a moega está chea,
e na represa do meu cariño
reverterán as augas
s'eu non pudese darche un biquiño.

Inda que perda na loita as cirolas
y-os trasnos me sigan
n'hei de parar,
hastra que un díano teu moiño
do meu cariño ti móas o gran.


 -Hou! mociño d'ollar cobizoso,
ben entendin teu meigo falar;
se de noite o moiño t'acercas 
non abro a porta y-encírroche o can.

Deus tantas voltas o tolo rudicio,
que aquela moza perdeu o xuicio,
e, según contan, o bon do galán
hastra se fixo amigo do can.

Comentarios