HIMNO Á
GLORIOSA ROSALÍA
(Letra: Ramón
Cabanillas / Música: Manuel Valverde)
Nosa
virxen do consolo,
Rosalía, dóce nai,
ó
redor da túa imaxe
os
teus filliños están.
Tranche
nas almas acesas
a dozura d'un amor
nas mans as rosas á feixes,
nos
beizos unha oración.
Como
nun berce de frores
veñen pór no teu altar,
o amor á súa santiña,
y-o
amor ó galego chan.
Dalles
en pago unha folla
da máis milagreira frol,
da rosiña de cen follas
que
tiñas no corazón.

Comentarios
Publicar un comentario