FROLES D'OURO - QUEN POIDERA NAMORALA


FROLES D'OURO - QUEN POIDERA NAMORALA
(Letra: popular/Álvaro Cunqueiro. Arranxos musicais M. Carballo Pastoriza )

Froles d'ouro, amareliñas
non as hai com'as dos toxos
criounas Dios entre espiñas
pra libralas dos antoxos,
pra libralas dos antoxos.
AI LALELO, AI LALALO

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)
Quén poidera namorala!
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo. (bis)
Quén poidera namorala!
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada. (bis)
Quén poidera namorala!
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río. (bis)
Quén poidera namorala!
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Comentarios

  1. Unha grande iniciativa,ás portas do día da matria galega,felicitovos por levar adiante este fermoso proxecto.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario