FOLIADAS


FOLIADAS
(Popular)

1
Cesteiros de Mondariz,
qu'andades facendo cestos,
non vos casedes á fora,
víndevos casar os eidos.

- Se eu soubera namorar
como sei bebe-lo viño
non m'había de quedar
filla de ningún viciño.

- Se soubera que ti dabas
pasadiñas por me ver,
tamén ch'eu dera palabra
d'outros amores non ter.

2
O rubila y-o baixala
a costiña de Canedo,
o rubila y-o baixala
perdín a trenza do pelo.

Anque che son das mariñas,
non che son mariñán;
zapatiño de seda,
cordonciño de lan.

Si queres que vaya e veña
de noite ó teu lugare,
has de prender o cadelo
que non fai senón ladrare.

Comentarios