FOLIADA DE NADELA
(Popular adap. Fuxan Os Ventos)
-Zapatos
de chiculate
tenos a
miña cadela
pra
leva-las ovelliñas
ás
feiriñas de Nadela. (Bis)
Aló ven o gaiteiro
por detrás do pinar
hastra os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.
Aló ven o gaiteiro
por detrás do pinar
-Indo eu
pra non sei donde
vendo eu
a non sei quén,
á porta
de, xa me entendes...
non me
poido acordar ben. (Bis)
Ai la le
lo. Ai la la lo.
Aló ven o gaiteiro...
-Andivecheste
alabando
polos
muiños moendo,
que te
casabas comigo
e iso
era en eu querendo. (Bis)
Ai la le
lo. Ai la la lo.
Aló ven o gaiteiro...
-A rula
vaise queixando,
que lle
levaron o niño,
que che
mandou facer rula
tanto á
veira do camiño. (Bis)
Ai la le
lo. Ai la la lo.
Aló ven o gaiteiro...
-Algún
día ben pensaches
do meu
corazón ter froles.
Agora
vai ós codesos,
que chos
hai nos arredores. (Bis)
Ai la le
lo. Ai la la lo.

Comentarios
Publicar un comentario