FOLIADA
DE COMPOSTELA
(Letra e música popular galega.
Harmonización José Marino González )
-Encima do consistorio
témo-lo cabalo branco. (Bis)
Os da Coruña e Ferrol
xa quixeran outro tanto. (Bis)
De onde
ves María? Veño da ribeira
de lavar
a roupa do meu mariñeiro.
Do meu
mariñeiro que vai para o mare
De onde
ves María? Veño de lavare.
Santiago con ser Santiago
lle dixo á "Pilarica". (Bis)
Mentras eu teña galegos,
non teñas medo Mañica. (Bis)
De onde
ves, María...
Vaite vindo, vaite andando
que eu en Santiago te espero. (Bis)
Eu ben te hei de conocere
polo refaixo amarelo. (Bis)
De onde
ves, María...

Comentarios
Publicar un comentario