1
Barcala
barcalesiña,
barcalesiña
barcala,
barcala
da miña vida,
barcala
da miña y-alma.
Pasei a
ponte Maceira
cunha
veliña acendida.
Agora
tomei amores
para
toda a miña vida.
2
Esteliña
do luceiro,
quen
ten amores non dorme,
quen
ten amores non dorme
sinón o
sono primeiro.
Regaliño
d'os meus ollos,
prenda
das miñas entraña,
se non
te casas conmigo
¿por
qué non me desengañas?
3
O
pandeiro ten a culpa,
o
pandeiro ten-a toda;
o
pandeiro ten a culpa
que lle
dan e non resoa.
¿Cándo
ha de ser domingo,
domingo
cándo ha de ser,
cándo
ha de ser domingo,
vidiña,
para te ver?
4
Para
cantar veño eu,
para
beillar meu hirmán;
para
tocar o pandeiro,
viva
quen o ten a man.
Marmurar
marmuradores,
marmurar
sempre de min,
qu'eu
nunca fun marmurada
senon
de xente ruin.
5
Heiche
de dar e dareiche,
tocadora
do pandeiro,
heiche
de dar e dareiche
o meu
corazón enteiro.
Eu non
sei o que me deches
que non
te poido olvidar
de día
no pensamento
e de
noite no soñar.
6
Este
pandeiro que toco
é de
pellica d'ovella,
inda
onte comeu herba,
hoxe
toca que rabea.
Canta,
compañeiro, canta,
canta,
que cadramos ben.
¡Cántas
almas se condenan
porque
nos queremos ben!
7
Cùnha
frauta e c'uns ferriños
c'unhas
cunchas e un pandeiro
armaremos
unha rúa
os veciños
do Cruceiro.
Eu
caseime na montaña
porque
había moito pan.
O forno
da miña sogra
bota
silvas no verán.
8
Olvidarte
a ti por outro
non che
me cabe no peito,
olvidar
outro por ti
eso xa
ch'o teño feito.
Os
amores que ti tes
son os
qu'eu olvidei,
andas
apañando os vagos
d'a
viña qu'eu vendimiei.
9
A miña
sogra morreume,
enterreina
no palleiro;
deixeille
os brazos fora
para
tocar o pandeiro.
O
qu'anda moito de noite
ha
tropezar nos penedos
e y-eu
qu'ando pol-o día
tropezo
nos teus enredos.
10
O pandeiro
e mail-as cunchas,
María,
miña María,
o
pandeiro e mail-as cunchas
quitan
a malencolía.
Moito
te quixen, rapaza,
e mais
tí sábelo ben;
moito
te quixen destoncias,
pero
moito t'olvidei.
Nin me
falas, nin me miras,
castigo
d'o mue pecar.
¡Caminiños
qu'eu andiven,
quen
poidera vos andar!

Comentarios
Publicar un comentario