1
Unha
vella fixo papas
o pote
botoullas fora;
fixo un
ano que foi eso,
inda
hoxe a vella chora.
Solteiriña,
non te cases,
mira
que tes boa vida;
eu ben
sei dunha casada
que
ch'está ben aburrida.
2
Eu teño
un canciño
que veu
da marola,
que
beilla o fandango
c'unha
perna sola.
A
zanfona é do cego,
as
alforxas do criado,
as
rapaciñas d'agora
son muy
levadas do diabro.
3
O demo
cando rabea
pon os
cornos do rivés.
Rabea
de veras, rabea,
rabea
que demo es.
Silva
verde, non me prendas
que non
son da túa terra
nunca
silva me prendeu
que non
m'apartara dela.

Comentarios
Publicar un comentario