1
Canta
rula, canta rula,
canta
rula n'aquel souto;
ben che
po'un esperare
polo
qu'está na man d'outro.
Ollos
negros son celosos,
azules
son lisonxeiros,
os
castaños m'agarimo
que son
os mais verdadeiros.
2
Eu che
contarei, María,
a vida
do arrieiro:
come
com'un cabaleiro,
durme
nunha estrebería.
Si
chove deixa chover,
si
orballa deixa orballar
qu'eu
ben sei d'un abriguiño
onde
m'hei d'ir abrigar.
3
A vida
dos arrieiros
eche
unha vida penada:
de día
non oyen misa,
de
noite non dormen nada.
So ben
querer se pagase
moito
m'estabas debendo,
na túa
vida me pagas
o ben
que te estou querendo.
4
¿Arrieiros
non son homes?...
¡Arrieiros
homes son!
e teño
un amor arrieiro
crabado
no corazón.
O mal
d'amores ten cura
o mal
d'amores cura ten;
qu'eu
xa tiven mal d'amores
e...
non m'o curou ninguén.
5
Anque
vou a Pontevedra
non vou
por ver os soldados,
vou por
ver a Pelegrina,
a dos
pendentes dourados.
Antes
que á falar te poñas
pensa
no qu'has de dicir,
que
moitos, de non pensalo,
chegaron
á s'arrepentir.
6
Non che
quero ir o moiño
nin
entrar no tramiñado,
porque
alá no outro mundo
piden
conta do roubado.
O moiño
de teu pai
eu ben
lle sei o tempero:
cando
está alto baixalo,
cando
está baixo erguelo.
Miña
terra, miña terra;
miña
terra ¡eu aquí!
amor do
ceo lévame
á terra
dond'eu nacín.

Comentarios
Publicar un comentario