ALBORADA DE ROSALÍA


ALBORADA DE ROSALÍA DE CASTRO
(Versión para Agarimos da Terra / Arranxo Manuel Carballo Pastoriza)

Vaite, noite, vai fuxindo.
Vente aurora, vente abrindo,
co teu rostro, que, sorrindo,
a sombra espanta!!!
¡Canta, paxariño, canta
de ponliña en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,
polo verde monte,
alegrando as herbas,
alegrando as fontes!…

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!

Canta que fuxeu a noite.
Noite escura logo ven e moito dura
co seu manto de tristura.
Con meigallos e temores,
agoreira de dolores,
agarimo de pesares,
cubridora en todo mal.
¡Sal…!

Que a auroriña o ceu colora
cuns arbores que namora,
cun sembrante de ouro e prata
teñidiño de escalrata.
Cuns vestidos de diamante
que lle borda o sol amante
antre as ondas de cristal.

¡Sal…!
Señora en todo mal,
que o sol xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz do día
viste a terra de alegría;
que o sol derrete
con amor a escarcha fría.
 Que o gaiteiro, ben lavado,
ben vestido, ben peitado,
da gaitiña acompañado
¡á porta está…!

¡Xa…!
Se espricando que te esprica,
repinica, repinica
na alborada ben amada
das meniñas cantadeiras,
bailadoras, rebuldeiras;
das velliñas alegriñas;
das que saben ben ruar.

¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar!
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad,
que atruxaremos cantaremos  ala… …!!!





Comentarios