ALALÁS


ALALÁS
(Popular)



1
Non me tires con pedriñas
nin con onzas recortadas;
xa sabes que non te quero;
non me sigas as pisadas.

a) -Pasei pol-a tua porta,
erguin os ollos e vin
un letreiro que decía:
Ti non eres para min.

b) -Eu como sabía ler,
quitei un e puxen outro:
Yi si non es para min
non son eu pra ti tampouco.

O que nunca estivo lonxe
non sabe o qu'é padecer.
De lonxe as penas aumentan
para quen sabe querer.



2
Qu'a rula que viudou
xurou de non ser casada,
nin pensar en ramo verde
nin beber da yauga crara.

Fuches meu primeir amor,
ti m'enseñach'a querer;
non m'enseñes a olvidar
que logo vou deprender.

Miña nai cando me rifa
peta e'o pé no sobrado.
Ela di que non quer xenro
y'eu xa llo teño buscado.

Cada vez que considero
que de ti m'hei de apartar,
énchenseme os ollos d'auga
y-o corazón de pesar.



Comentarios