A ONDE
VAS MOZA?
(Popular)
(Popular)
Era unha noite de
lúa,
era unha noite
clara,
eu pasaba polo río
camiño da muiñada.
Cando vaias ao muíño
que non che esqueza o fungueiro,
por si quizais no camiño
che saíse algún larpeiro.
Era unha noite de
lúa,
era unha noite
clara,
eu pasaba polo río
camiño da muiñada.
Aturuxos que vai dando
María por Farruquiño.
Aturuxos que vai dando
cando vai para o muíño.
Era unha noite de
lúa,
era unha noite
clara,
eu pasaba polo río
camiño da muiñada.

Comentarios
Publicar un comentario